A finalidade deste exercicio é identificar o acorde que se está reproducindo.
Comece o exercicio premendo en . Logo o Solfege reproducirá un acorde e vostede terá que identificalo nun dos botóns que hai debaixo da liña de mensaxes de estado.
Se a súa resposta foi correcta, o programa mostrará o acorde na liña de funcionalidades e a mensaxe "Correcto" aparecerá na barra de estado. Entón, vostede poderá premer no botón para que haxa unha pregunta nova.
Se a súa resposta é incorrecta, será a mensaxe "Incorrecto" a que apareza na barra de estado.